Publicamos a revista “Novas D’o Lar” de aparición trimestral.
Temos o grupo de baile “Os fillos de Breogan” que actúan en diversos acontecementos e o grupo de Cantareiras Pandereteiras: «Lusquefusque«.
Tamén temos un equipo de Fútbol «Lar Gallego«.
Estamos presentes en cantas manifestacións culturais se promoven na cidade, e participamos con un stand propio na Feira de Mostras de Navarra.
Tamén celebramos numerosas festas no campo recreativo Antroido, Día do socio, etc., e festas importantes para os galegos como o Día das Letras Galegas e Santiago Apóstolo.