Na década de 1940-50 atopábanse residindo en Pamplona un grupo reducido de galegos, que chegaran alí para desempeñar profesións diversas.

Como non existía ningunha organización oficial establecida, propuxéronse constituír a Casa de Galicia en Navarra que, máis tarde, se denominaría, Lar Gallego.

Nos primeiros anos xuntabámonos en domicilios particulares e máis tarde nos locais dalgúns bares.

Comezouse por organizar as festas de Santiago e outras actividades (conferencias, charlas-coloquio, etc.)

O día 18 de xaneiro de 1951, no bar Olimpia, formalizouse o primeiro escrito no libro de Actas, aprobando o regulamento do Lar Gallego, que máis tarde, se traduciría en Estatutos.

Seguindo esta línea e chegando a Pamplona novos galegos, chegamos á conclusión de facer un grande esforzo para adquirir en propiedade un local, que é o que hoxe chamamos Lar Vello.

A nova sede inaugurouse o 6 de xuño de 1976, contando entonces coas seguintes instalacións:

  • Bar Cafetería, comedor, cociña na parte baixa.
  • Salón, biblioteca, sala de xogos, oficina, almacén na entreplanta.

Neste mesmo ano créase o grupo infantil “Os fillos de Breogán” composto por un grupo de 34 xóvenes, para o cal se alquila un lugar para os ensaios.

Máis adiante e despois de varias xestións mércanse 212 metros cadrados lindantes para poder dispoñer de espazo para as actividades.