Segundo os seus estatutos os fins da asociación son:

  • Crear e fomentar unha corrente de irmandamento entre todas as persoas de orixe galega residentes en Avilés e Asturias.
  • Divulgar e exaltar os valores da cultura galega nos seus diferentes campos creativos así como potenciar os valores tradicionais galegos e o intercambio cultural.
  • Dentro do seu entorno organizativo-social, fomentar, patrocinar e organizar todas as actividades para as que foi creada e en especial as afíns ó espíritu de Galicia.
  • Promover a integración intercultural entre os pobos.
  • Difundir e fomentar o idioma galego entre os seus asociados.
  • Procurar atención a transeúntes de orixe galega que o soliciten, para o seu regreso a Galicia.