Segundo os seus estatutos os fins da asociación son:
- Crear e fomentar unha corrente de irmandamento entre todas as persoas de orixe galega residentes en Avilés e Asturias.
- Divulgar e exaltar os valores da cultura galega nos seus diferentes campos creativos así como potenciar os valores tradicionais galegos e o intercambio cultural.
- Dentro do seu entorno organizativo-social, fomentar, patrocinar e organizar todas as actividades para as que foi creada e en especial as afíns ó espíritu de Galicia.
- Promover a integración intercultural entre os pobos.
- Difundir e fomentar o idioma galego entre os seus asociados.
- Procurar atención a transeúntes de orixe galega que o soliciten, para o seu regreso a Galicia.